Publicacións

Metalocalypse - Licor Café

Imaxe
A idea apareceu ao voltar de festa un día por Lugo, do resto non podemos dar detalles. A nosa idea e facer un capítulo completo de Metalocalypse mentres non rematamos Rick e Morty! https://www.youtube.com/watch?v=XJegABs6B_c&fbclid=IwAR1qciMItMsAW46qYkfBSz0KWqT6502JcCSvaSmW4X8nUlBJnXTAzXtEI6c

O Ratibrón é para os vellos. O Credocidio é o futuro!

Vimos fai pouco este vídeo en internet e non nos puidemos conter. Desgraciadamente YouTube séguenos a foder e non puidemos subir este orixinal clip de Comedy Central dobrado. Mentres traballamos en vídeos máis longos deixámosvos esta curta para amenizar a espera. Ata outra pirolers!

Que fixo Abel Caballero por nós?

Imaxe
Dende o Frente Popular de P.I.R.O.L.A traemos un clip da mellor película pra ver no Nadal. Será a dobraxe digna do noso señor o Dinoseto ou teremos que mandar o escuadrón xudaico de suicidio? Vós diredes, dende logo a nos encántanos os Monty Python. [enlace ao vídeo]

Deadpool en galego (?)

Imaxe
Bo finde, Pirolas! Andamos algo liados cos exames e demáis movidas, pero fixemos unha pequena proba de Deadpool en galego, esperamos que vos guste. Coma sempre, aceptamos ideas! Enlace ao vídeo

Batman: A broma asasina.

Que pasa Pirolos e Pirolas, non estábamos mortos, estábamos de parranda. Resulta que durante o verán, sobraba o tempo e comezamos a doblar máis cousas, xa que, mentres non rematábamos o capítulo de Rick e Morty, xurdían ideas tolas coma esta. Se vos gusta, temos máis contido montado. Cunde? -Facede click en ler máis pra velo!-

1x01 Capítulo completo

Esperamos que vos guste! Levou moito traballo, tede en conta que non dispoñemos de moitos medios para facelo, disfrutade e aportade ideas! Bo dia!  [Ligazón a Powvideo]  Streaming en MEGA dentro do post!