Publicacións

Deadpool en galego (?)

Imaxe
Bo finde, Pirolas! Andamos algo liados cos exames e demáis movidas, pero fixemos unha pequena proba de Deadpool en galego, esperamos que vos guste. Coma sempre, aceptamos ideas! Enlace ao vídeo

Batman: A broma asasina.

Que pasa Pirolos e Pirolas, non estábamos mortos, estábamos de parranda. Resulta que durante o verán, sobraba o tempo e comezamos a doblar máis cousas, xa que, mentres non rematábamos o capítulo de Rick e Morty, xurdían ideas tolas coma esta. Se vos gusta, temos máis contido montado. Cunde? -Facede click en ler máis pra velo!-

1x01 Capítulo completo

Esperamos que vos guste! Levou moito traballo, tede en conta que non dispoñemos de moitos medios para facelo, disfrutade e aportade ideas! Bo dia!  [Ligazón a Powvideo]  Streaming en MEGA dentro do post!

PRÓXIMAMENTE..1x01!

Imaxe
Boa tarde, raparigos. O novo capítulo xa está rematado. Proxectarémolo no Rock Café de Santiago o vindeiro martes ás 20:00. Deixamos por aquí a promo, non faltedes!

¿Primeiro capítulo? Rick e Morty en galego 1x08

Comezamos por "Televisión Interdimensional" debido a que está formado por moitas esceas independentes. A idea orixinal foi a de doblar un par de anacos, polo que o son pode estar descompensado además de ser o primeiro. Agora que imos doblar (en principio) toda a primeira tempada, seguiremos en orde cronolóxico. Esperamos que vos guste e aceptamos ideas! Un saúdo, merdeiros! Enlace ao 1x08 (Powvideo)

NÓS!

Imaxe
Boas! Somos un grupo de pailáns que buscan facer una dobraxe polas risas. Obviamente, non somos profesionais nin nada polo estilo. Precisamos da vosa axuda para conseguir un bo resultado, polo que non dubidedes en contactarnos e suxerir calquera cousa. Se queredes participar, estaremos encantados! Un saudo Pirolas!